Sport
25. September 2026

Rubén López explica como a chamada de Manuel Pablo cambiou a súa decisión sobre xogar no Fabril / Xane Silveira
Despois de media temporada no Pontevedra, Rubén López (2004, Silleda) retornou ó Fabril co obxectivo de seguir crecendo e ser unha peza importante no filial branquiazul. Manuel Pablo entregoulle as chaves da medular, e está a responder con rendemento, carácter e liderado nun filial novo que ten moitos debutantes na Primeira Federación.
Que tal o inicio de temporada?
A verdade é que somos un equipo novato na categoría. Hai moitos xogadores que nunca competiron nela. Creo que empezamos ben. Para un equipo que acaba de ascender está moi ben e o equipo está moi enchufado. Eu nótome ben, nótome cómodo.
No teu caso, capitán, xogando de pivote, como te ves?
Ben, contento, volver a casa sempre mola. Agora que estamos xogando en Riazor gústame moito. O Capitán e Hugo Ríos, pero como non está xogando tócame a min levalo.
Dicía Manuel Pablo que o equipo ten que entrar mellor aos partidos e mellorar nas situación de presión alta.
Totalmente de acordo, aínda non empezamos ningún partido gañando nós. Sempre vamos a contra remolque. Se empezas gañando o equipo quizais está máis cómodo. A ver se esta xornada podemos empezar gañanado e que nos custe menos levarnos os tres puntos. Respecto ó que dis da presión alta, si, estanos custando un puco. A nós gústanos saltar á presión alta e nalgunhas accións estanos penalizando.
Que Fabril se está a construír?
Bueno, un equipo que non ten teito, como quen di. A competición marcaranos para o que estamos preparados e para o que non. Hai que intentar manter o nivel que temos, e melloralo se se pode, e despois xa se verá cal é o noso obxectivo.
Ti que xa tes experiencia na categoría, para que pode estar o equipo? Cal é o obxectivo?
O que che digo, levamos catro xornadas, o que vai agora de líder en tres meses quizais vaia en descenso. Non che podo dicir un obxectivo. O obxectivo dun filial é formar xogadores para que estean preparados, por exemplo agora que está Aubameyang lesionado, que Martín esté preparado por si fai falta ir a adestrar. Formar xogadores para que estén preparados para competir. O obxectivo noso é quedar o máis arriba posible.
No verán retornas de cesión e finalmente decides quedar no Fabril. Como foi a decisión?
O verán foi un pouco movido. É verdade que de primeiras non me chamaba moito volver para o Fabril. Notaba que era una etapa que estaba queimada, e igual prefería saír para outro lado. O Penafiel tampouco me chamaba moito. Hasta que un día recibo a chamada de Manuel Pablo, e acaba convencéndome de que podíamos facer un bo equipo. Ademais quedábanse Martín, Kevin, Jairo regresaba que se lesionou, e que se podía facer un equipo para competir ben.
Como foi a conversa con Manuel Pablo?
De primeiras eu dicíalle que non sabía si quería. Xoguei fai tres anos no Fabril, sentía que era una etapa finalizada. Notaba que era un paso atrás. Pero ás veces daste de conta que non é un paso atrás, senón un adiante, un atrás para logo subir outros dous. Si que foi importante a chamada.
Falaches con el de xogar como centrocampista na base da xogada? No pasado vostede dixo que era a posición que máis lle gustaba.
Non, a verdade é que no Dépor co único adestrador co que xoguei de pivote foi con Manuel Pablo no xuvenil, e tamén no xuvenil B con Álex Antón. Dende esas é verdade que subo ao primeiro equipo e empezo a xogar máis de oito ou de interior. Manuel Pablo dicíame que os mellores partidos que me viu foron xogando de pivote.
Tanto me da, pero si que me gusta xogar de 6.
Manuel Pablo deixalle soltarse?
Si, si, ás veces pídeme máis calma.
Como se ve aí? É unha posición que demanda orde
Ao principio é adaptarte, porque antes era máis de picar aos espazos, cortar, e agora é máis estou rodeado, calma, teño que xogar a un toque, non podo conducir tanto, facer axudas… é adaptarse. Pero lévoo ben.
Cal é o maior reto no medio?
O reto, por exemplo no partido da Ponferradina. Non daba recibido un balón, tiña sempre a un pegado. Entón, cando me tapan a min, ás veces é que lle apareza o espazo a outro.
Falaba de estar preparado para o primeiro equipo. Na súa posición hai moitos xogadores. Mira un ao primeiro equipo?
Iso non depende de min. Depende, pero non. Eu traballo para min, se se da a oportunidade perfecto.
Como é Hidalgo na relación de traballo?
É un adestrador que sabe moito de fútbol. Lévate ao límite, gústalle a intensidade, gústanlle os hábitos, gústalle a puntualidade. É un adestrador moi serio, moi esixente, pero logo tamén é unha persoa coa que podes falar e opinar tranquilamente.
E Manuel Pablo? Cambiou algo respecto do Fabril?
É o mesmo, é o mesmo. Manuel Pablo é un crack. Ademais sobre todo como persoa. É así coñeiro, carallán, está sempre de risa, pero tamén é esixente, e un gran adestrador. Unha cousa non quita a outra.
Ao seu lado está Juan Villamisar. Manuel Pablo sempre o destaca como unha parte importante. Ata que punto?
Si, é unha parte importante. É unha persoa que sabe moito de fútbol, e igual ás veces parece que a cabeza visible é Manuel Pablo, pero son un tándem, axúdanos a desenvolvernos mellor no campo.
Falas moito con eles de que mellorar?
Hai días e días. Cando temos análises individuais corríxenme, todo para mellorar. Doulle moita importancia. É onde realmente tes que mellorar e facer as cousas doutra forma.
"Lévate ao límite, gústalle a intensidade, gústalle os hábitos, gústalle a puntualidade"Rubén López, sobre Antonio Hidalgo
Rubén López, sobre Antonio Hidalgo
Como cambiou a categoría? Xa é a súa terceira, case cuarta temporada
Eu o que noto é que é un fútbol moi directo, moi de gañar duelos, de gañar segundas xogadas, centros, balóns a área. Daquela noto que é un fútbol moi físico, quitando os filiais. O resto dos equipos fan un fútbol moi directo, de balóns a olla, ver se fas un e encerrarte atrás. É o que eu noto.
Están máis incómodos con tanto duelo individual?
E que somos un equipo xoven, obviamente, non é o noso punto forte. Pero estamos preparados para todo, fomos a Mérida e competimos como animais, co Cacereño tamén. En todos os partidos competimos.
As experiencias de Barcelona e Pontevedra que aprendizaxes lle deron? Sendo dúas cesións distintas.
Ao final é darlle valor ao que é o Deportivo. Non todos os equipos che dan de almorzar, de xantar e tes unhas instalación da hostia, agora están en obras, pero están moi ben, son top do mundo agora mesmo diría. Aprendes a valorar o que hai aquí.
Almorzamos todos os días. Xantar, depende, mínimo un día, ás veces dous ou tres na semana.
Como o levas? Hai que facer algunha loucura?
Non, non, Manuel Pablo non é como Bordalás. Despois igual che tira da orella.
Cambiou a súa mentalidade? En canto a darlle importancia a todo o que sucede fora dos adestramentos
Si, e que é o 80% do día. Se só fas o 20%, e o resto mal, a balanza desequilibrase. Si que lle dou importancia.
Bueno, ás veces é un estilo de vida, máis que velo como un problema, velo como un estilo de vida. Se che gusta ben, e se non tamén.
Un día, nunha entrevista con Diego, dicía que o único problema era explicarlle á avoa que non tocan certas cousas.
Non tocan carbohidratos. A miña avoa sempre me di: 'non comes nada, non comes nada'. Pero é que é o día libre. Dígolle que non vou comer arroz ou algo así e vólvese tola. Pero non hai problema. Agora xa...
Rematas contrato en 2028. Como proxectas o teu futuro? Se é que pensas niso.
Non sabería contestar. Nin idea.
A nivel Dépor, nunca lle deches voltas?
Non, nunca me paro a pensar niso. Vivo o momento, e despois o que teña que chegar chegará.
Tes algún soño ou reto por diante?
Non, a ver, gustaríame debutar en Primeira División obviamente. Quédome con iso. Debutar en Primeira co Dépor.
Pouco a pouco enchiches o brazo de tatuaxes. Hai algunha especial? Ou que simplemente che guste?
A maioría son estéticos, pero este téñoo tatuado con Diego (Gómez) e Martín (Ochoa). Diego ten pintado o triángulo do medio, e Martín o triángulo de arriba. Despois a palabra resiliencia, que é das que máis me gusta, porque ten un significado bonito. Teño algún escondido por aí, por exemplo unhas frechas cruzadas coas iniciais dos meus país, do meu irmán, e dos meus avós.
Fuente: La Opinión A Coruña
Artikel von Sport. GoalingBreak zeigt den Text zur leichteren Lesbarkeit an: Alle Rechte verbleiben beim Herausgeber.
Original lesen →